Resolución do 26 de xaneiro de 2024 pola que se resolve o procedemento convocado por Resolución do 2 de outubro de 2023 (D.O.G. núm. 206, do 30 de outubro) para a cobertura de vacantes de Académicos de número e correspondentes da Academia de Enfermaría de Galicia.
A Xunta de Goberno da Academia de Enfermaría de Galicia, en uso das facultades que ten atribuídas na disposición transitoria segunda dos seus estatutos, na súa reunión do día 19 de xullo de 2023, anunciou, co fin de cumprir as previsións estatutarias contidas no ordinal 4º da dita disposición, a preceptiva convocatoria para a cobertura de sete vacantes de Académicos de número e dezaoito vacantes de Académicos correspondentes, que foi publicada mediante Resolución do 2 de outubro de 2023 (D.O.G. núm. 206, do 30 de outubro).
As bases da convocatoria publicáronse na páxina web da Academia de Enfermaría de Galicia (https://academiaenfermariagalicia.org/).
Logo da presentación das correspondentes instancias de participación, e previa a admisión e exclusión dos candidatos no dito proceso, en reunión ordinaria da Xunta Plenaria da Academia, celebrada o día 15 de decembro de 2023, ás 18:00 horas, nas dependencias do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, en sesión validamente constituída, procedeuse, conforme consta no punto 6º da orde do día da convocatoria, á elección dos novos Académicos de número e correspondentes, seguindo os procedementos fixados nos artigos 30.3 e 31 da norma estatutaria, resultando elixidos, e sendo proclamados, no acto, os seguintes candidatos:
NOVOS ACADÉMICOS DE NÚMERO ELECTOS:
I.- Dª. María Milagros Fernández Varela.
II.- D. David Peña Otero.
III.- Dª. Mª Concepción Agras Suárez.
IV.- D. Marcos Pazos Couselo.
V.- D. Santiago Martínez Isasi.
Os Académicos numerarios elixidos aceptaron o seu nomeamento no prazo dos quince días seguintes ó acto da súa elección, mediante escrito dirixido ó Presidente da Academia, a tenor do preceptuado no artigo 30.3, apartado h) da norma estatutaria.
NOVOS ACADÉMICOS CORRESPONDENTES:
I.- Emilio Rubén Pego Pérez.
II.- Mª Florentina Vale Iglesias.
III.- Natalia Calvo Ayuso.
IV.- María Giraldez Miranda.
V.- Ana Isabel Calvo Pérez
VI.- Julia Rey Brandariz.
VII.- Anxela Soto Rodríguez.
Contra a presente Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Lugo, de acordo co disposto nos artigos 8.3 e 14.1, regra primeira, da Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación da presente Resolución, ou, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
En Lugo, a 26 de xaneiro de 2024.
O Presidente.
Isidoro Rodríguez Pérez.