A Academia de Enfermaría de Galicia é unha Institución científica con carácter xurídico
propio, incardinada baixo o amparo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O seu fin último é o de contribuír e velar pola disciplina enfermeira, partindo da
realidade cultural de Galicia, na que está inserida. Atende aos diferentes aspectos da profesión
dende unha visión holística; tendo como obxectivo a oferta duns coidados de alta calidade,
personalizados a cada individuo, familia e ou comunidade.

A súa vocación científica faina universal e leva á propia entidade a xuntar esforzos non
so coas forzas e entidades que traballan en pro da enfermaría dentro de Galicia, senón tamén no
resto do Estado español e mesmo máis alá. Atendendo así ao principio transculural dende o
particular ao universal e viceversa, para unha atención óptima dos usuarios aos que coida.

As diferentes metas pasan polo tanto por acadar e manter unha enfermaría de altas
capacidades que ocupe o lugar que lle corresponde: académica, social e politicamente; a vez
que preste uns servizos da máxima calidade ás persoas, familias e comunidades dun xeito
holístico; tendo sempre presente a universalidade e as particularidades da saúde tal e como se
manifesta nos diferentes pobos e sociedades.

Cando este proxecto comezou a súa andaina alá polo 2012 os primeiros esforzos foron
para constituír de forma estatutaria unha institución ao servizo da profesión enfermeira. Foron 5
anos dun proceso lento, e cheo de burocracia,, con atrancos máis ou menos grandes que se foron
superando o mellor que se soubo e puido. A partires do 2018 a Academia, xa legalmente
constituía, realiza a súas primeiras presentacións en público, interrompidas pola pandemia do
(coronavirus COVID-19) na que primou a labor asistencial sobre outras, polo que o traballo
propiamente académico viuse relegado novamente a un segundo plano para poder atender a
urxencia emerxente no momento. A mediados do 2021 tratouse de recuperar a volta ao
funcionamento regular da institución para conseguir o seu rendemento ao cento por cento.

No 2022 e incorporados novos académicos tanto de número como correspondentes
iniciase a tarefa de difundir e dar a coñecer a Institución por todo o territorio de Galicia, a vez
que amplía as súas relacións con outros colectivos do mundo laboral, académico, político e ou
sociocultural. Na orde interna adxudícanse as cadeiras coas diferentes liñas de estudo de cada
académico numerario, a vez que se constitúen as distintas seccións e comisións como órganos
de traballo elaborándose a súa estruturación e réxime de funcionamento.

Así a Academia permanece, actualmente, coas portas abertas e as mans tendidas a toda
aquela persoa física, xurídica ou social que queira sumar esforzos en prol da enfermaría
respectando e valorando a labor doutras Institucións que noutros eidos se ocupan do
desenvolvemento da enfermaría como profesión, na súa formación, como instrumento laboral,
científico ou outros que poidan xurdir.

Por una disciplina da enfermaría forte, científica, humanística, de calidade e
comprometida coas persoas, as familias e as comunidades.

Quero así dar a benvida a todes aqueles que se achegan a nosa porta convidándoos a
entrar e compartir con nós inquedanzas saudables. Grazas por vir.

En Lugo 3 outubro 2022                                                 Isidoro Rodríguez Pérez