11 de xaneiro de 2024
A Xunta Plenaria da Academia de Enfermería de Galicia, en uso das facultades que ten atribuídas no artigo 16 dos seus Estatutos (DOG núm. 199, de 17/10/2013), en reunión celebrada o día 15 de decembro 2022, acordou a convocatoria de eleccións a Xunta de Goberno.
Por acordo da Xunta de Goberno da Academia Galega de Enfermaría en reunión celebrada o 4 de abril de 2023, convocáronse eleccións para a Xunta de Goberno. Debido á ausencia de presentación de candidaturas, en Xunta Plenaria debidamente convocada e celebrada o 21 de xullo de 2023, acordouse repetir a convocatoria.
A elección dos membros da Xunta de Goberno será por votación persoal, directa e secreta dos académicos de número reunidos en Xunta Plenaria, que se convocará na forma determinada estatutariamente para ese efecto.
As candidaturas deben estar compostas por un total de oito membros, que deberán presentarse en listas pechadas e completas, con expresión de todos os cargos, segundo o modelo que figura no Anexo, aprobado para ese efecto. O prazo para a presentación das candidaturas será de quince días naturais desde a data da publicación do anuncio na página web da Academia.
Para ser membro da Xunta de Goberno será preciso inescusablemente ser académico de número.