A Academia de Enfermaría de Galicia celebrará a súa presentación en Vigo o xoves 19 de novembro de 2026, ás 12:30 horas, no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro.
A presentación da institución correrá a cargo do Dr. Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia. No acto tamén intervirá Dna. Rosa María Morais Rodríguez, directora de Enfermaría da Área Sanitaria de Vigo.
O programa incluirá a conferencia «Coidar con evidencia: o poder da investigación enfermeira», impartida pola Dra. Lorena Soto Araujo, que centrará a atención na importancia da investigación e da evidencia científica para os coidados enfermeiros.
Esta xornada permitirá dar a coñecer a Academia de Enfermaría de Galicia en Vigo e ofrecerá un espazo de reflexión sobre o papel do coñecemento científico no desenvolvemento da profesión e na mellora dos coidados.
Información do acto
- Data: xoves 19 de novembro de 2026.
- Hora: 12:30 horas.
- Lugar: salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Enderezo: estrada Clara Campoamor, Vigo.
