Skip to main content

Na tardiña do 18 de outubro e segundo as verbas que él mesmo empregou para “despedirse de todos los que formamos esta familia. Un fuerte abrazo.”

As compañeiras e compañeiros da Academia de Enfermaría de Galicia non queremos chorar ao Dr. Manuel Romero Martín que emprendeu esa “viaje que vamos hacer todos, unos antes que otros”, queremos quedarnos coa súa ilusión, a súa forza de emprendedor, loitador, dinamizador da enfermaría que soubo liderar en moitas frontes e acadar uns resultados óptimos, colocando a profesión no lugar que lle corresponde.

Preparouse para o rito de paso e viviu de forma intensa os últimos meses ao lado da súa familia, “en paz y tranquilidad de haber tratado las cosas de la mejor forma posible tratando de facilitar la vida a los demás.”

Tivemos a sorte de que o Dr. Romero Martín nos deixase formar parte dun anaco da súa vida brindándonos os seus coñecementos e a súa amizade, co seu pulo incondicional á Academia de Enfermaría de Galicia, así como aos seus órganos de goberno, e que esta dese os seus froitos, para acadar unha disciplina enfermeira consolidada, forte e autónoma.

No nome da Academia de Enfermaría de Galicia e no propio dámoslle as grazas pola súa importante labor en prol da Enfermaría de Galicia e polo modelo a seguir que nos deixa.