Este ano a XLVIII Semana do Cine de Lugo, do 21 ao 26 de setembro. No seu programa de actividades o venres, 25 de setembro, dedícase xénero e sociedade, coa participación da Academia de Enfermaría de Galicia.
Venres, 25 de setembro de 2026
Lugar: Deputación Provincial
- 20:00 h. Proxección do filme: En camino a Leo. Cuando termina el miedo, el amor comienza.
Dirección: Ana Bárcenas Torres.
Mexico 2025.
Leo, un mozo estudante de Artes Plásticas, inicia a súa transición de xénero cara a unha identidade masculina aos 17 anos. A súa nai, Ana, enfróntase aos seus propios medos e prexuízos sobre o xénero. Ao principio oponse, convencida de que só existe o sexo biolóxico, pero ante a firmeza do seu fillo, vese obrigada a afrontar a orixe dos seus medos. Nunha viaxe emocional pola maternidade e os vídeos caseiros que gravou durante anos, Ana consegue acompañar o seu fillo na inminente cirurxía.
- 21:30 h. Mesa redonda
Moderador:Isidoro Rodríguez Pérez (enfermeiro, humanista. Presidente da Academia de Enfermaría de Galicia (AEG)
Interveñen:
- Mario Alberto Rivas Carro , enfermeiro, psicólogo. Académico correspondente da AEG.
- Nicolás Vera Arencibia da Asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia. Arelas
- Alejandro Tripiana González, Enfermeiro residente de Pediatría no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
